Maestro de Campobecerros

 ''Maestro de Campobecerros'' (2017) é a segunda obra do autor no terreo da ficción. O deseño da portada está realizado polo pintor, grabador e xestor cultural, Antón Pulido.

 Xosé, o noso protagonista, o home das pequenas virtudes, recibe en Bilbao o Primeiro Premio de Promoción Familiar. Cando sube ao estrado a recollelo, a testa comeza a darlle voltas e máis voltas. Lembra nuns instantes toda a súa vida de adulto. Por un momento retorna ao pasado.

 Volve a vivir ao regreso da Guerra Civil á súa terra, a Galicia. Nun principio o reciben cos brazos abertos pois pensan que seguirá os estudos de cura e irán todos a vivir con él. Pero equivócanse. Xosé ten outros plans: vai colgar os hábitos e entón todos o abandonarán. Especialmente o seu tío Xoan, o cura castrense.

 Como loitador que era, e sen tirar a toalla, exercerá como profesor nacional na súa primeira escola: Campobecerros. Dende esa, recordará a súa posterior existencia chea de percances. A súa estancia en Xendive, o contrabandismo en Portugal, dentistas que arrancan dentes con fíos colgados no teito ou o seu fito máis emotivo, a crianza de tódolos seus fillos levándolo por sitios máis lonxanos da xeografía.


Maestro de Campobecerros, portada, Antón Pulido

 

Comentarista e columnista dos principais diarios galegos, tivo unha longa experiencia da nosa realidade, unha realidade que reflicte neste libro, que conta con fotografias, cadros e debuxos, o que dá máis animación e interese á súa lectura. Tivo unha boa acollida, xa que se carecía de traballos breves relacionados coa historia de Galicia e contén textos apoiados por datos concretos e números, con rigor científico, ao tempo que tamén é de lectura entretida. Pode ser usado incluso como material de ensino en colexios. Foi distribuído aos Centros Galegos no mundo, polo que a súa lectura e coñecemento está garantido.

 

   Ao autor de Galicia, viaxe ó pasado chámalle a atención que Galicia, cunha traxectoria tan claramente definida, diferenciada do resto do estado, non tivera máis participación, un papel máis importante na historia de España, na súa economía: sempre estivo lonxe, distante, ás veces co paso cambiado. Está seguro de que esta situación vai cambiar porque Galicia ten un gran capital humano que deu mostras de traballo, esforzo, sacrificio e capacidade por todo o mundo na emigración. Polo tanto ergueráse das súas propias cinzas industriais, para poñerse en pé, e nunha frenética carreira contra o reloxo dará o salto á Galicia moderna e pisando o acelerador a fondo saberá chegar a tempo ao futuro.

  Podes ler un fragmento do libro entrando na páxina web da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)

  www.aelg.org/Centrodoc/GetWorksByAuthor.do?authorId=autor442

 

Cree un sitio web gratuito con Yola