Páxina Web do escritor e economista

Biografía 

 Pedro Fernández Núñéz é ourensán de nacemento (Campobecerros, 1945) e vigués de adopción. Estudou economía na Universidade de Bilbao. Ingresa por oposición no Corpo de Economistas AlSS do Estado e ocupou varios cargos como funcionario público, no Goberno Civil de Pontevedra, Autoridade Portuaria de Vigo e Ministerio do Interior. Deu clase en varios centros oficiais da cidade olívica como profesor de economía: no Instituto de Ensino Medio, Estudos Empresariais, Relacions Laborais e foi profesor universitario durante máis de 30 anos. Comentarista económico na cadea COPE e na Televisión Española. Asesor fiscal e empresario. Articulista sobre temas económicos en Atlántico Diario e Faro de Vigo.


 Como profesor universitario foi desenvolvendo un labor de investigación sobre a economía e a sociedade galega non só no presente senón tamén no pasado, coordinando equipos de análise social. Durante este longo período realizou estudos e traballos sobre Galicia con absoluta imparcialidade e fóra de análises e interpretacións políticas, con especial atención ás razóns do atraso económico de Galicia. Esta experiencia é o que o conduciu á elaboración do libro ''Galicia, viaxe ó pasado'', sobre a historia social e económica galega, como un resumo e síntese da súa visión dos problemas de Galicia a través do tempo, e que é o resultado do esforzo de investigación de todos os seus anos como economista e profesor.

No ano 2017 publica a súa obra ''Maestro en Campobecerros'', a súa primeira no ámbito da narrativa.

''Benvidos a miña páxina web. Esta actualizarase conforme vaia incorporando diferente material conservado ao longo de máis de tres décadas. Espero que a disfrutedes''.

Para contactar

Se alguen quere contactar conmigo, pode facelo a través de ferpecon@yahoo.es

 

Cree un sitio web gratuito con Yola